viernes, 25 de noviembre de 2016

Premio de composición: Xesús Xosé Iglesias

IX CONCURSO DE COMPOSICIÓN PARA BANDA DE MÚSICA E SECCIÓN SINFÓNICA

25 de novembro de 2016

Xesús Xosé Iglesias, ex-alumno de Composición do CSMVigo, resultou premiado no IX Concurso de composición para anda de música e sección sinfónica na terceira categoría, coa obra Á maneira dos aires rapsódicos

A convocatoria deste concurso ten a finalidade de fomentar e estimular a actividade musical como parte fundamentos do noso patrimonio cultural, así como cubrir a escaseza de novo repertorio musical de autoría galega para ser interpretado especificamente por bandas de música.


 

viernes, 18 de noviembre de 2016

Premio de composición: Andrés Álvarez

HOLLYWOOD MUSIC IN MEDIA AWARDS

18 de novembro de 2016

O ex-alumno de Composición do CSMVigo, Andrés Álvarez, acudiu á gala dos premios Hollywood Music in Media Awards (HMMA) celebrada na noite do 17 de novembro no Fonda  Theatre de Hollywood, Los Ángeles, California, para recibir a Mención de Honra pola súa composición Symphonic  Sketches




martes, 15 de noviembre de 2016

ÚLTIMA HORA: CAUSAL 16

ÚLTIMA HORA:

Por motivos organizativos, alleos ao Departamento de Composición, suspéndense as conferencias "Causal 16" ata novo aviso.